Saturday, September 23, 2017

Se un busca a voz "despegar" no dicionario da RAG, verá con sorpresa que non aparece a acepción de levantar o voo unha nave, para iso hai que acudir á entrada "Engalar" que se usa tanto para as aves coma para as aeronaves que se elevan do chan.
Resulta curioso por que noutras linguas romances faise referencia a esa acción de despegar dunha superficie para voar; e así en francés dise décoller, en portugués decolar, en italiano decollare, n español despegar...
En galego poderíase, se cadra usar despegar que é o que se di, ou "descolar", xa que unha das acepcións de colar é a mesma cá do portugués e de aí poderíase derivar o verbo exactamente como ocorre coa voz portuguesa.
Así e todo usase unha voz, "engalar", que én portugués non significa despegar senón: "embridar-se (de galo)" Ou sexa, en portugués refírese só á acción do galo cando se mostra arrogante, máis nada.
En fin, cremos que a solución galega para o acto de elevar o voo é un chisquiño forzada, alonxada de solucións que aparecen en linguas semellantes, e que pode causar estrañeza. Por suposto, aceptámola, pero cremos que cómpre disentir nalgúns casos concretos, coma este precisamente

Sunday, February 05, 2012


Nun evento titulado emporcARTE, que se celebra en lalín por segundo ano, vén de ser censurada unha obriña de arte titulada Ara Porcis dun tal Manu Mimé. A obra de arte de este artista (o tema importante merece ser redundante) representa unha figura de porco nunha peana vestido coma os curas cun hábito morado. Esta inocente bromiña parece ser que representa unha ofensa a determinadas capas da poboación que manifestaron a súa protesta, que tivo como resultado a prohibición da exhibición desa peza.
Estamos en contra da censura pero cremos que cómpre dicir un par de cousas a este respecto. Por unha banda, senon se censurara esa obriña dubido moito que tivese éxito ningún dados os seus escasos valores artísticos e a súa nula orixinalidade. É unha pesadez ver a enésima obra contra a Igrexa, non ten mérito ningún. Por outra banda, hoxe ninguén é perseguido cando se mete cos curas. Outra cousa sería facelo na época da Inquisición, ou facelo hoxe en día con outras relixións aí si que o artista mostraría algún tipo de valor, aínda que non fora o artístico.
Imaxinemos que o artista viste a un porquiño cos hábitos dun rabino, o cos dun mulá; no primeiro caso as furibundas protestas farían tremer oa alicerces do concello de Lalín, no segundo caso estaría en perigo a vida do artista, e non precisamente en sentido figurado, senón que llo pregunten a Shalman Rushdie ou ao autor das caricaturas de Mahoma no Jyllads-Posten danés.
Cando alguén se mete coa Igrexa sempre me pregunto se farían o mesmo con outras relixións. Esa é a proba do nove; o día que vexa a algún artista facer algo semellante con outras crenzas hei crer nas súas propostas.


Labels:

Thursday, August 11, 2011


A nova concelleira de cultura do axuntamento da Coruña vén de criticar as anteriores programacións culturais do anterior goberno municipal por ser nas súas palabras "demasiado gallegas". Que quere dicir a concelleira? Debe un concello facer programacións sen ter en conta o lugar e a tradición secular á que pertence? Debería acaso a Oktober Fest deixar de ser radicalmente bávara, ou haberá que desbotala por ser demasiado alemá?
Cre a devandita concelleira acaso que a "Feria de Sevilla" é demasiado andaluza, a Pilarica demasiado aragonesa ou o San Fermin demasiado navarro? Evidentemente,non, ninguén podería suscribir unha estupidez semellante, o único que demostra é que odia o galego, é dicir odia esa lingua que se lle escapa polos poros cando fala castelán, noutras palabras: ódiase a si mesma e está desde xa incapacitada, polas súas horribles palabras para levar as rendas da cultura que pertence a todos os cidadáns da Coruña.

Saturday, January 20, 2007


Eva Cassidy, the greatest, a máis grande, a única capaz de emocionarme, as súas versións son sinxelamente soberbias. Moitas veces a beleza pasa anos oculta. Tamén Emily Dickinson pasou a súa vida creando os poemas máis belos e un bo día foi rescatada do esquecemento (a inxuria e o rudo encono, I presume). Igual, a inmarcescible Cassidy, estivemos a piques de non poder gozar co seu talento, felizmente, alguén sacou á luz a súa obra.
Time after time: Eva Cassidy

Tuesday, January 16, 2007


Caneiro, non dijas sandeces. Two in a row. Dous nun día, bis repetita, ai, meu Deus (Sempre con maiúscula, e logo?) que faremos dos días que nos resten, seremos avestruces, tolos, ou sabios resignados. ¿A onde nos levarán as mareas? ¿Sempre á mesma praia, ou irán pouco a pouco, paseniño, pleonasmo vai, pleonasmo vén , levándonos a mar aberto a mercé dos temporais, comida para o Leviatán , mas livres, livres e lusos ilusos, no mar dos arjasos, meu ben.

Yolanda, sije afiando o teu beizo de garza, inadvertidamente pasto das chamas que consomen a alguén, a quén? Xa sei que non se acentúa, lanjrán.


Velaí, velaiña que aquí estou eeeu coma ti, coma unha volalla, topeneando contra a luz, ai Virxe santísima do sagrado manancial das ideas que leva a auga que decorre entre as túas mans cando rezas, bágoas son que choras polos demais, e que se perden na vertixe, voraxinosa do remuiño afogador de pensamentos e luído de mágoas de carpideiras viuvas, ó mencer.
Nosense, isn´t it? Ai amijo, ech´o kai.
Nótese o efecto do CH3COOH sobre o pronome persoal, pa cajarse!
Aquí estou, casi desnudo
como los hijos
de la mar. Feo si, enorme si, pero auténtico

Monday, September 18, 2006


Eh, son un peizoque, colegas