Saturday, September 23, 2017

Se un busca a voz "despegar" no dicionario da RAG, verá con sorpresa que non aparece a acepción de levantar o voo unha nave, para iso hai que acudir á entrada "Engalar" que se usa tanto para as aves coma para as aeronaves que se elevan do chan.
Resulta curioso por que noutras linguas romances faise referencia a esa acción de despegar dunha superficie para voar; e así en francés dise décoller, en portugués decolar, en italiano decollare, n español despegar...
En galego poderíase, se cadra usar despegar que é o que se di, ou "descolar", xa que unha das acepcións de colar é a mesma cá do portugués e de aí poderíase derivar o verbo exactamente como ocorre coa voz portuguesa.
Así e todo usase unha voz, "engalar", que én portugués non significa despegar senón: "embridar-se (de galo)" Ou sexa, en portugués refírese só á acción do galo cando se mostra arrogante, máis nada.
En fin, cremos que a solución galega para o acto de elevar o voo é un chisquiño forzada, alonxada de solucións que aparecen en linguas semellantes, e que pode causar estrañeza. Por suposto, aceptámola, pero cremos que cómpre disentir nalgúns casos concretos, coma este precisamente

0 Comments:

Post a Comment

<< Home